Xa están aquí os horarios do Revenidas!

O Salnés
26 de agosto 2025
Actualizado: 04 de setembro

Un dos momentos máis especiais chegará o sábado ao mediodía cun concerto moi significativo: Lendakaris Muertos

Concerto de Lendakaris Muertos

O festival máis esperado de Vilaxoán, que este ano se celebrará do xoves 11 ao domingo 14 de setembro, acaba de anunciar os horarios dos seus máis de 30 concertos e sesións de DJ.

Tres xornadas cheas de música, festa e moita enerxía nas que non faltarán artistas para todos os gustos.

Un dos momentos máis especiais chegará o sábado ao mediodía cun concerto moi significativo: Lendakaris Muertos subirase ao escenario ás 12:30 horas para ofrecer a súa última actuación en Galicia antes de facer un "parón indefinido". Unha cita que promete ser inesquecible para os seus fans e para toda a familia do Resesas.

As entradas e abonos están dispoñibles en resesas.com e cambiarán de prezo o luns 1 de setembro.

Nos próximos días, o festival completará a súa programación co anuncio das actividades paralelas e os esperados Concertos a bordo.

HORARIOS

XOVES 11

17.50: A Duendeneta
18.20: Hugo Guezeta (Escenario Galicia)
19.20: Dick Move (Escenario Vibra Mahou)
20.20: The Rapants (Escenario Galicia)
21.35: The Baboon Show (Escenario Vibra Mahou)
22.45: A Duendeneta
23:15: Dubioza Kolketiv (Escenario Galicia)
00.40: Sanguijuelas del Guadiana (Escenario Vibra Mahou)
01.50: Buhos (Escenario Galicia)
03.00: Galician Army (Escenario Vibra Mahou)

VENRES 12

16.30: A Duendeneta
16.50: Seitura (Escenario Galicia)
17.45: J Martina (Escenario Vibra Mahou)
18.50: Sés (Escenario Galicia)
20.00: Les Testarudes (Escenario Vibra Mahou)
21.00: A Duendeneta
21.30: Fermin Muguruza (Escenario Galicia)
23.40: Sons of Aguitte & Scila (Escenario Vibra Mahou)
00.40: Baiuca (Escenario Galicia)
01.55: Svetlana (Escenario Vibra Mahou)
02.55: Talco (Escenario Galicia)


SÁBADO 13

11.00: A Duendeneta
11.30: Filloas (Escenario Vibra Mahou)
12.30: Lendakaris Muertos (Escenario Galicia)
13.45: A Duendeneta
14.15: Monoulious Dop (Escenario Vibra Mahou)
15.20: Mondra (Escenario Galicia)
16.35: F.R.A.C. (Escenario Vibra Mahou)
17.30: Dakidarría (Escenario Galicia)
19.00: Bewis de la Rosa (Escenario Vibra Mahou)
20.05: Heredeiros da Crus (Escenario Galicia)
21.20: A Duendeneta
21.50: Onza (Escenario Vibra Mahou)
23.00: Riot Propaganda (Escenario Galicia)
00.30: La Élite (Escenario Vibra Mahou)
01.40: La Fúmiga (Escenario Galicia)
03.00 Omiri (Escenario Vibra Mahou)
Fin de Festa: Yaya Dj (Escenario Vibra Mahou)


DOMINGO 14

12.30: Os Terribles de Arousa (Parque Dona Concha)
13.00: Concerto Punkinfantil (Escenario Deleite)
13.30: Sardiñada Turismo Rías Baixas (Parque Dona Concha)
14.15: As do Xeito (Parque Dona Concha)
15.30: Mekánika Rolling Band (Parque Dona Concha)
17.15: Gala de Circo Solidaria (Escenario Deleite)
19.45: Orquestra Bravú Xangai (Escenario Vibra Mahou)
21.15: Terrae (Escenario Vibra Mahou)