Javier Lago estrea "Ligero", unha canción "para revitalizalo todo"

Pontevedra
02 de xullo 2023

Un mes despois de lanzar "Si me lo permiten", o músico pontevedrés Javier Lago presenta "Ligero", un novo tema cun son chill pop xunto con motivos rítmicos de corte electrónico, que á súa vez contrastan coa presenza da guitarra española máis clásica

O músico Javier Lago
O músico Javier Lago / Javier Lago

Un mes despois de lanzar "Si me lo permiten", o músico pontevedrés Javier Lago presenta "Ligero", un novo tema cun son chill pop xunto con motivos rítmicos de corte electrónico, que á súa vez contrastan coa presenza da guitarra española máis clásica.

En palabras do artista, a composición "é un mantra, unha posta de sol, unha volta a casa despois dun día de praia. Unha canción para relativizarlo todo". 

Producido xunto a Raúl Ben, "Ligero" tamén serve como aliciente para os últimos días do crowdfunding, método que utilizou para conseguir financiar a produción do seu primeiro traballo longo.

Despois de conseguir o obxectivo inicial, a recta final encamíñaa "cara a unha nova meta que supoñerá melloras substanciosas ao proxecto, sobre todo no aspecto audiovisual", recoñece.

Javier Lago leva vinculado ás artes escénicas desde a súa infancia e caracteriza ás súas cancións da melodía vocal como total protagonista acompañada de sons clásicos e actuais.

Despois de presentar cancións como "El temblor" ou "Nada tiene sentido", atópase inmerso na produción do seu primeiro disco, que ten previsto lanzar a finais de 2023.