O músico pontevedrés Javier Lago presentou nesta semana o vídeo en branco e negro realizado coa versión completa do tema 'Drivers Licence' da cantante, compositora e actriz norteamericana Olivia Rodrigo. O vídeo pode verse en YouTube e o intérprete afirma que está "bastante orgulloso do resultado".
Javier Lago está a traballar no seu próximo material discográfico coa intención de poder presentalo nos vindeiros meses. O compositor pontevedrés fai tamén un chamamento a través de Instagram para pedir aos seus seguidores que apoien as actividades e creacións dos artistas locais. Recoñece que o cambio de algoritmos nesta rede social está a complicar o acceso a un público maioritario.
Ante esta situación recomenda gardar, compartir, comentar e visualizar as obras de músicos sen grandes apoios de produción para poder chegar a un maior número de persoas. "Por pouco que sexa, axúdase un montón", afirma.
Invita, ademais, a seguilo porque agarda presentar novas sorpresas en breve: "Espero poder compartir novo contido proximamente... Estade atentos!".
Polo momento, deixa este agasallo sonoro coa cover de 'Drivers Licence'.