Javier Lago estrea en directo o seu proxecto "El Temblor"

Pontevedra
18 de outubro 2022

O cantautor pontevedrés presenta o seu novo traballo este martes no Café de Cine e dará a coñecer o seu novo disco cun concerto o día 28 en Sala Karma  

Javier Lago volve a PontevedraViva Radio co seu novo proxecto musical
Javier Lago volve a PontevedraViva Radio co seu novo proxecto musical / PontevedraViva

O músico pontevedrés Javier Lago lanza o próximo 20 de outubro o seu novo sinxelo "El Temblor", tema que se estrea esta tarde martes no Café de Cine de Pontevedra.

A canción reforza a idea do seu perfil como cantautor, con melodías vocais rechamantes e cuns arranxos orquestrados por Raúl Ben, o produtor da mesma.

A composición fala sobre como soportar certos momentos difíciles cando uno non é quen o sofre, senón quen acompaña nesa dor. Ante a incerteza do que virá, o único que queda é esperar a que chegue o tremor. "El Temblor" é todo aquilo que zarandea a vida, desestabilízaa, para ben ou para mal.

A estrea da canción serve como antesala do seu “Debut”, o concerto presentación deste proxecto no que leva traballando dous anos, que levará a cabo en Pontevedra, na Sala Karma, o 28 de outubro ás 22 horas. As entradas xa están dispoñibles en wegow e en javierlago.es

Vinculado ás artes escénicas desde a súa infancia, Javier Lago (Vigo, 1996) comezou a definir o seu camiño como cantante e compositor desde moi pequeno, estudando violín no conservatorio e creando coa guitarra en casa.

Tras participar en distintos proxectos musicais, comeza a súa andaina en solitario a principios de 2020 coa publicación dun vídeo acústico da súa canción “Aunque te quiera”. A ela seguiríanlle os sinxelos “Lo COntaré en la Rolling Stone”, “La intimidad” e “Nada tiene sentido”, a súa alegación en contra do acoso escolar. "El Temblor", o seu actual lanzamento, formará parte dun proxecto maior, producido por Raúl Ben.

Javier Lago criouse entre cancións de autor, ingrediente vital que, sumado á música pop dos temperáns anos 2000, dan como resultado as súas composicións, nas que a melodía vocal preséntase como total protagonista. A súa voz, as súas letras e a súa interpretación son os trazos máis característicos da música do novo cantautor.