Jordi Évole subiu ao escenario da Praza da Ferrería a últimas horas da tarde do luns 11 para liderar a Los Niños de Jesús, a banda composta polo presentador e un grupo de músicos amigos que ofreceron un concerto festivo centrado en versións.
O repertorio incluíu temas populares de numerosos artistas como Estopa, Extremoduro, Duncan Dhu, Lori Meyers, Radio Futura, Kiko Veneno e Jarabe de Palo, entre outros, e buscou sobre todo facer bailar o público que volveu encher a céntrica praza.
Évole, que actuou con gafas de sol, explicou que non só porque "fai un sol de carallo" senón porque sufrira un pequeno accidente a principios do verán que o obriga a usalas, e bromeou apuntando que ademais «me dicen que me quedan bien».
O concerto manteu ese ton de humor e bo rollo durante todas as interpretacións.
Nun xesto simpático respecto ao repertorio, afirmou que "ellos habían compuesto todos los temas famosos" para cedérllos a outros artistas e que así "se hiciesen millonarios" antes de interpretar o coñecido "¡Chas... y aparezco a tu lado!" de Alex y Christina, éxito dos oitenta.
En todo caso, Évole non esqueceu o seu carácter reivindicativo e no escenario tamén permanecía unha bandeira de Palestina, reivindicando o cesamento da violencia en Gaza.
A programación das Festas da Peregrina continúa este martes 12 co espectáculo de circo Volé Temps na Praza da Ferrería ás 21:00 e un concerto de Rosario Flores na Praza de España ás 22:30.