Luz Casal: "Pontevedra siempre está asociada a los buenos recuerdos"

Pontevedra
13 de agosto 2015

A cantante de Boimorto ofreceu un concerto emotivo no que presentou os temas do seu último disco ante o numeroso público que, malia a noite de chuvascos, ateigou a Praza de España para escoitar unha das voces máis características do panorama musical español

Concerto de Luz Casal nas Festas da Peregrina 2015 Diego Torrado

Unha noite de chuvascos provocou que ata o último momento a organización estivese pendente de se pudiera celebrar o agardado concerto de Luz Casal. Con paraugas, impermeables e carapuchas, miles de persoas achegáronse ata a Praza de España para escoitar a voz inconfundible da cantante de Boimorto, que tamén saíu ao escenario vestindo un chuvasqueiro.

A cantante presentou temas do seu último disco, 'Almas gemelas' pero tamén realizou un repaso a algúns dos seus grande éxitos como ' E non me importa nada' ou 'Entre os meus recordos'.

Ao longo da noite recibiu a ovación do público dedicándolle frases emotivas á cidade: "Pontevedra siempre está asociada a los buenos recuerdos", dixo a artista dende o escenario.

Na noite deste xoves 13, as Festas da Peregrina acollen a actuación de Rafael Basurto, membro de Los Panchos. Será no escenario da Praza da Ferrería a partir das 22.30 horas con entrada libre.