Dende a súa apertura o pasado día 10 de xullo, máis de 12.000 persoas visitaron a exposición 'Da vida á morte no Antigo Exipto' no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
Nesta exposición sobre o Antiguo Exipto, que permanecerá aberta ata o próximo 5 de outubro, pódense contemplar 132 pezas procedentes do Museo Exipcio de Florencia.
Entre os visitantes encóntranse, ademais de veciños de Pontevedra, cidadáns doutras localidades de Galicia e tamén turistas de paso pola cidade.
Coa chegada das Festas da Peregrina aumentouse a afluencia de visitantes, chegando a superar a cifra de máis 1.000 por xornada.
A exposición percorre a arte exipcia poñendo atención en diferentes apartados aos deuses, a realeza, a vida cotiá ou o labor das mulleres, ademais dun espazo dedicado á morte no que se encontran varios sarcófagos.
O horario de apertura é de 10:00 a 21:00 horas de martes a sábado e de 11:00 a 14:00 domingos e festivos.