Mondra tamén estará nas Festas da Peregrina: actuará en Pontevedra o 16 de agosto

Pontevedra
24 de xuño 2024

Artista, cantareiro e bailador. Mondra, un dos artistas máis relevantes da nova escena musical galega, actuará en Pontevedra dentro da programación das Festas da Peregrina. O seu concerto na Praza da Ferrería está previsto para o venres 16 de agosto

Mondra
Mondra

Artista, cantareiro e bailador. Mondra, un dos artistas máis relevantes da nova escena musical galega, actuará en Pontevedra dentro da programación das Festas da Peregrina. O seu concerto na Praza da Ferrería está previsto para o venres 16 de agosto.

O de Mondra foi o último nome confirmado polo Concello para protagonizar algún dos concertos que haberá na cidade nas Festas de Verán.

Tras crecer vinculado á música e ao baile tradicional galego, ao teatro ou ao audiovisual, desde 2021 forma parte, como vocalista e bailador, de Demente, da compañía de danza Fran Sieira, unha das pezas con maior percorrido na historia da danza galega.

En setembro de 2023 publicou o seu primeiro disco, ARDĒN, toda unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega.

Este álbum resulta ser unha proposta íntima e irreverente á vez, un relato de resistencia e celebración que achega unha mestura exquisita entre tradición e vangarda.