A praza de España encheuse de público, sobre todo adolescente durante a noite, deste mércores. Ao escenario das Festas da Peregrina subían Simón Vargas Morais, Juan Pablo Isaza, Martín Vargas Morais e Juan Pablo Villamil, os integrantes da banda colombiana Morat, un dos fenómenos musicais xuvenís máis importante dos últimos anos.
Moitos dos seus seguidores xa facían cola desde primeiras horas da mañá ante o escenario coa intención de ver aos seus ídolos desde preto. Ao longo do día fóronse sumando cada vez máis fans, que soportaron as altas temperaturas á espera do ansiado concerto da banda que nacía en 2011 por estes mozos que foran compañeiros de instituto.
Morat converteuse en 2016 na banda revelación internacional dentro do estilo folk-pop logrando o Disco de Ouro en España co seu disco 'Sobre el Amor y sus Efectos Secundarios... y unas cuantas cosas más'. No concerto fixeron saltar aos seus seguidores coa interpretación de éxitos como 'Mi nuevo vicio', 'Cuánto me duele' ou 'Cómo te atreves'.
Ao termo do concerto lanzaron na súa conta de Twitter unha mensaxe de agradecemento ao público pontevedrés:
Na noite deste xoves, ás 22.30 horas, Fangoria subirá ao escenario da Praza de España coa popular Alaska protagonizando un dos concertos máis agardados das Festas da Peregrina. O grupo presentará o seu último traballo discográfico: 'Canciones para robots románticos'. O outro concerto do día será o do músico Gustavo Almedia, a partir das 21.00 horas, na praza da Ferrería.