O movemento asociativo da Boa Vila, protagonista das actividades do Ano Castelao

Pontevedra
15 de maio 2025

Maiolongo, Vía Galega, SAGA, AS-PG, as asociacións Cedofeita, O Mirador, Salcedo Norte ou Casa Verde, o Ateneo, a Polifónica, Os de Algures ou Sete Espadelas están entre os participantes

Presentación da programación do Ano Castelao Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra presentou este venres a imaxe e a programación cultural do Ano Castelao.

As actividades, que botaron a andar este mércores cos relatorios organizados por Maiolongo e Vía Galega no Café Moderno, estarán concentradas nos meses de maio e xuño principalmente máis extenderanse ata finais de ano.

Son máis de 20 propostas de diversa natureza e dirixidas a todos os públicos.

O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, compareceu acompañado dunha ampla representación de entidades e empresas locais implicadas no proxecto.

Son Maiolongo, Vía Galega, SAGA, AS-PG, as asociacións Cedofeita, Mirador de Monte Porreiro, Salcedo Norte ou Casa Verde, o Ateneo, a Polifónica, Migallas Teatro, Polo Correo do Vento, Os de Algures, Sete Espadelas, entre outras.

Presentación da programación do Ano Castelao     Mónica Patxot

Faladoiros, roteiros, contadas para cativada, actividades para a mocidade, e moitas máis, formarán pare desta programación "feita pola veciñanza de Pontevedra e que aínda non está completamente pechada", segundo sinalaba o concelleiro.

A empresa pontevedresa Rei Zentolo foi a responsable de deseñar a imaxe deste programa, cunha reinterpretación moderna de Castelao.

Hai uns meses o Concello fixo un chamamento á veciñanza de Pontevedra para celebrar entre todos o ano Castelao e "esta cidade sorprende sempre e a recepción foi excelente, a colaboración foi impresionante, e aquí tedes unha mostra", dixo Demetrio Gómez.

Este xoves presentaron as primeiras actividades deste programa e aínda quedan algunhas máis durante este ano que pecharase o 7 de xaneiro do 2026 cun acto institucional.

 
Programación do Ano Castelao (2)