Musigal encherá de música as Rías Baixas: Roi Casal en Sanxenxo e 'Son galego, son cubano' no Grove

O Salnés
21 de xullo 2020

O programa cultural da Deputación ten previstos catro concertos para estes días. Para o domingo 26 están programados dous concertos. A explanada ao carón do multiusos de Moraña bailará a ritmo de 'Amantes da Terra' a partir das 22.00 horas, e á mesma hora 'Manoele de Felisa' interpretará os seus temas na Praza do Concello de Covelo

Concerto de Roi Casal nas Festas da Peregrina 2017 Diego Torrado

O programa cultural da Deputación de Pontevedra Musigal encherá esta semana de música as Rías Baixas. Dos catro concertos previstos para estes días, un será en Sanxenxo e outro no Grove

As actuacións comezarán en Sanxenxo este próximo venres 24, cando ás 22.00 horas Roi Casal se suba ao escenario situado na Praza dos Barcos.

O sábado 25 'Son galego, son cubano' actuará na praza do Corgo do Grove ás 21.30 horas. 

Para o domingo 26 están programados dous concertos máis. A explanada ao carón do multiusos de Moraña bailará a ritmo de 'Amantes da Terra' a partir das 22.00 horas, e á mesma hora 'Manoele de Felisa' interpretará os seus temas na Praza do Concello de Covelo.

O programa Musigal da Deputación de Pontevedra ten como obxectivo favorecer a programación artística por parte dos concellos da provincia e está dirixido especificamente aos grupos e artistas profesionais de música, amais de fomentar o uso social da música en galego e a defensa dos valores da igualdade de xénero.

A institución provincial ten pechados ata agora máis de 40 concertos.