Nerea Barros, a gañadora do Goya á mellor actriz revelación 2015, atópase rodando en Pontevedra durante estes últimos días. Ela é a protagonista xunto a Alberto Rolán. Antonio Durán "Morris" e Xosé Barato de 'A estación violenta', unha película baseada na primeira novela do xornalista e escritor pontevedrés Manuel Jabois.
O Grove, Santiago de Compostela, Sanxenxo e a cidade do Lérez conforman os espazos de rodaxe desta historia dirixida pola novísima directora Anxos Fazáns, que se enfronta á súa primeira longametraxe.
A produtora Matriuska, que dirixe Daniel Froiz, é a promotora deste proxecto que durante estas xornadas ródase na contorna do Pazo da Cultura e no Mercado de Abastos.
'A estación violenta' é unha historia dramática con guión de Ángel Santos (director de 'As altas presións') e de Jacob Casas, que conta a historia de tres antigos compañeiros de universidade que, tras anos sen verse, realizan un repaso sobre o punto no que se atopan as súas vidas.