Novo éxito de Sete Espadelas no concurso do Día do Enxalzamento do Traxe Galego

Pontevedra
22 de xullo 2019

O colectivo pontevedrés fíxose con seis dos dez premios entregados na corenta edición deste certame organizado polo Concello de Santiago en colaboración coa Asociación do Traxe Galego

David Quiñones e José Luis Rodríguez, máximos representantes de Sete Espadelas Asociación etnográfica Sete Espadelas

A asociación etnográfica Sete Espadelas volveu triunfan no concurso do Día do Enxalzamento do Traxe Galego, que este ano chegaba ao seu corenta aniversario. Os representantes deste colectivo pontevedrés recolleron seis dos dez premios entregados nesta edición dun certame que organiza o Concello de Santiago, en colaboración coa Asociación do Traxe Galego.

Os premios obtidos por Sete Espadelas foron os seguintes: 

- 1º premio Traxe antigo completo: Traxe de Valdeorras
- 1º premio Traxe de home garda: Traxe de Betanzos
- 1º premio Grupo de máis de 10 persoas: O mercado de Noia
- 2º premio traxe de home de cotío: Traxe de augador
- 2º premio traxe de muller de garda: Traxe de Barzamedelle-Leiro
- 2º premio traxe de home de garda: Traxe de Vilagarcía.

Con estes galardóns, Sete Espadelas suma 28 premios do Día de Enxalzamento do Traxe e nove premios de Investigación do Traxe Galego Antón Fraguas.

Esta boa nova coincide coa inauguración o vindeiro mércores 24 no Museo de Pontevedra, a partir das 19.30 horas, da exposición 'Galicia, a terra dos mil panos'. Trátase dunha selección de preto dun cento de pezas antigas pertencentes ao século XIX de gran valor patrimonial, que esta asociación foi recuperando ao longo dos últimos anos.