"O feo" no ciclo Ponteatro, unha divertida e mordaz reflexión sobre a obsesión pola beleza e o éxito

Pontevedra
20 de novembro 2014

Que é o que nos define como persoas? ÿ a reflexión que a compañía de teatro Catrocadeiras invitou a facer aos pontevedreses este xoves. Eles foron os protagonistas dunha nova cita co ciclo Ponteatroa>, no que sete compañías gallegas de reconocida traxectoria están a presentar os seus novos espectáculos

Representación de "O feo" de Catrocadeiras, dentro do ciclo Ponteatro Diego Torrado

Que é o que nos define como persoas? ÿ a reflexión que a compañía de teatro Catrocadeiras invitou a facer aos pontevedreses este xoves. Eles foron os protagonistas dunha nova cita co ciclo Ponteatro, no que sete compañías gallegas de reconocida traxectoria están a presentar os seus novos espectáculos.

Desta vez, o Teatro Principal acolleu, con grande éxito de público, a representación da obra O feo, unha comedia baseada no texto do recoñecido autor alemán Marius Von Mayenburg e dirixida e adaptada por Juan Carlos Corredoira.

A obra, interpretada polos actores Machi Salgado, Laura Campos, Manuel Polo e Xoán Abreu, contaba a historia de Lette, un home que se consideraba unha persoa normal. Traballaba duro como enxeñeiro e gozaba dun matrimonio tranquilo, sen sobresaltos. Pero un día descubriu unha terrible verdade: é espantosamente feo. 

Así comeza O feo de Marius Von Mayenburg, unha comedia que dun xeito divertido e mordaz denuncia a nosa obsesión pola beleza e polo éxito, obrigándonos a reflexionar sobre o que realmente  define ao ser humano como persoas no mundo actual.

Catrocadeiras representará unha segunda función de O feo en Pontevedra. Será este venres, unha sesión concertada para alumnos de centros escolares de Redondela, Ponte Caldelas, Marín e Poio.