O festival Surfing The Lérez medra prestando atención especial aos máis cativos

Pontevedra
07 de xuño 2017

A sétima edición deste festival celébrase o 17 de xuño na Illa das Esculturas, con 14 grupos de rock en dous escenarios aos que se sumará un terceiro palco onde actuarán 200 rapaces. Agárdase acadar os 6.000 litros de leite doada como entrada simbólica

A concelleira de Festas, Carme da Silva e Marcos Rivas presentan o Surfing The Lérez PontevedraViva

O inicio, este xoves, do ciclo de cinema na Casa das Campás sobre musicais será o prólogo do festival Surfing The Lérez, que se desenvolverá o 17 de xuño na Illa das Esculturas con entrada libre a cambio da doazón de alimentos para os máis necesitados. Nesta ocasión a organización propúxose obter 6.000 litros de leite para doar á Redeaxuda. 

Nesta sétima edición a música rock será a protagonista deste evento musical, tal e como sinalaba os seus organizador Marcos Rivas, durante a presentación coa concelleira de Festas, Carme da Silva. O Surfing The Lérez, galardoado nos Premios Galegos da Música, é pioneiro na autonomía nos festivais musicais que se celebran durante horas do día e, unha vez máis, ofrecerá este ano numerosas actividades para menores e adultos.

Os grupos participantes, a falta de que se estableza a orde de intervención, serán: Pájaro, The Soul Jacket, Diola, Los vinagres, Lucy and the rats, Monrovia, Dois, Bala, Los Deltonos, Los Bengala, Los Tiki Phantoms, Glitter & Litter, Malandromeda y Os amigos dos músicos, repartidos en dous escenarios 

O terceiro escenario será para os menores de 18 anos con diferentes espectáculos. Os máis pequenos contarán, a través do estudo Bonobo, de diversas actividades en obradoiros de teatro, ilustración, fotografía e música.

As actividades desta edición iniciaranse ás 12.00 horas da mañá e finalizarán de noite con mercados ambulantes, food trucks e diferentes propostas divertidas. 15 persoas levan máis dun mes traballando neste proxecto no que, segundo explicaba Marcos Rivas, atópanse implicadas empresas culturais creativas e persoal do municipio de Pontevedra. Haberá zonas para poder degustar comida tanto para celíacos como para veganos.