As Festas da Peregrina xa teñen cartel. O Concello de Pontevedra desvelou este venres o nome das bandas e artistas que amenizarán a semana grande das Festas de Verán. Trátase de propostas musicais para todos os públicos que tratarán de facer as delicias de público de todas as idades.
Os concertos programados para as Festas da Peregrina, que se celebrarán entre os días 12 e 20 de agosto, son:
- Sábado 12: Roi Casal
- Domingo 13: Mago de Oz e Solfabirras
- Luns 14: Juan Magán
- Martes 15: Festa dos 40
- Mércores 16: Morat
- Xoves 17: Fangoria
- Venres 18: Pequena Gran Orquestra
- Sábado 19: Novedades Carminha e Familia Caamagno
- Domingo 20: Tamara
Todos os concertos celebraranse na Praza de España e serán gratuítos. Estas actuacións grandes nas festas virán acompañadas durante esa mesma semana por outros concertos na Praza da Ferrería:
- Luns 14: Man a Man entre a Banda de Música de Salcedo e a de Pontevedra.
- Martes 15: Galifunk Brass. Agrupación que xorde da Banda de Música de Pontevedra e que ofrecen un son moi fresco.
- Mércores 16: Pelepau
- Xoves 17: Gustavo Almeida
- Venres 18: Xabier Díaz e Guadi Galego
- Sábado 19: Concerto de Corais
- Domingo 21: O'queStrada, banda portuguesa que realiza un espectáculo con moito ritmo.
Todos estes concertos serán ás 21.00 horas, agás a do venres 18 que comezará ás 22.30 horas, ao coincidir coa Batalla de Flores.
Durante a Semana Grande, a Praza do Teucro acollerá espectáculos, de luns a xoves, de catro compañías de montaxes infantís.
A concelleira responsable de Festas, Carme da Silva, indicaba que ao longo de todo o verán desenvolveranse ao redor de 300 actividades no municipio que comezarán co Surfing The Lérez o 17 de xuño e rematarán o 2 de setembro coa Feira Franca.
XULLO
6 - 9 - 20 de xullo e 14 e 23 de agosto: Música de Bandas en diversas prazas.
7 - 8: Memorial Ricardo Portela, que este ano cumpre o 25 aniversario e levará unha homenaxe a todos os músicos.
10 - 15: Cultura no Camiño: Ciclo infantil de teatro, música e maxia na Praza do Teucro.
11 : Romaría popular de San Benito de Lérez na praia fluvial.
21 - 26: Festival Internacional de Jazz
18 - 22 : Cinema na lúa
18 - 19 : 15 Bolos, concertos dos grupos de Local de Música
22 - 25 : Festas de Santiaguiño do Burgo
22 - 23 : Festixeve 2017. O sábado 22 ás 22.30 horas, Ses ofrecerá un concerto.
28 - 29 : Paseantes: pequenos concertos na rúa con pandereteiras, bosanova, ópera, rap... en diversas prazas do centro urbano.
31 - 4 de agosto: Xornadas musicais en San Roque
AGOSTO
1 - 4 : Animatrón, no Parque das Palmeiras
8 - 10 : Itineranta. Oitava edición deste festival de animación de rúa.
11 : Aquí cántase: Concerto de Maravallada coa intervención de máis de 200 persoas que se formaron ao longo do ano en Lérez, Salcedo e no barrio do Gorgullón.
Tras a Semana Grande, as festas continuarán o 23 de agosto coa Festa do Demo, Ponte Coqueta do 21 ao 26 de agosto e concluirán coa Feira Franca o 1 e 2 de setembro.
Carme da Silva indicou que o orzamento para todas estas actividades de verán rolda os 900.000 euros.