'O lobo e a lúa', de Baobab Teatro, tamén divirte os escolares os luns á mañá

Pontevedra
16 de xaneiro 2017

A compañía pontevedresa, dentro da programación de Domingos do Principal, ofrecía na mañá deste luns unha actuación escolar da súa última obra, premio Barriga Verde de textos para monicreques

Baobab Teatro: O lobo e a lúa
Baobab Teatro: O lobo e a lúa / Mónica Patxot

Baobab Teatro ofrecía este luns a súa obra 'O lobo e a lúa' no Teatro Principal, dentro da programación de Domingos do Principal, na que conta a historia dun lobo que aullea á lúa para que lle esperte a pesar de que outros animais lle píden que cale. Ao longo da obra, aparecerá o rato Mariano que se dispón a axudalo.

A sesión deste luns asistiron escolares de centros de primaria de Ponte Sampaio e tamén de Campañó, Xeve, Marcón e do colexio Doroteas, entre outros, que se divertiron con este espectáculo da compañía pontevedresa malia ser un luns á mañá.

A obra escrita pola propia directora, Andrea Bayer, obtivo o Premio Barrigaverde 2014 de textos para teatro de marionetas.