'Retahilando' sorrisos con Eugenia Manzanera nos Domingos do Principal

Pontevedra
22 de xaneiro 2017

A obra, que foi Premio ao Mellor Espectáculo Infantil na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo 2016, represéntase este domingo en dobre sesión no Teatro Principal 

'Retahilando', de Eugenia Manzanera
'Retahilando', de Eugenia Manzanera / Diego Torrado

Unha tecedeira moi maior chamada Sis Sas é a encargada de tecer o mundo e, a medida, que tece conta historias e canta cancións. Así é a proposta de 'Retahilando' de Eugenia Manzanera que este domingo ofreceuse no Teatro Principal dentro do ciclo de representacións para os escolares Domingos do Principal

Ao longo de 55 minutos, os menores gozan con esta montaxe que obtivo o premio ao mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Cidade Rodrigo en 2016.

E o vindeiro domingo, 29 de xaneiro, volve o mellor teatro infantil con 'Bhrava!', unha obra da compañía catalá L'Animei na que unha nena camiña polas rúas soñando e vivindo un mar de aventuras. Como é habitual están previstas dúas funcións. A primeira será en sesión matinal, a partir das 12.00 horas, e pola tarde comezará ás 18.30 horas no Teatro Principal.