'O príncipe e o parrulo' sustituye al espectáculo de clown en Domingos do Principal

Pontevedra
23 de xaneiro 2014

Unha incompatibilidade repentina na axenda de Marcel Gross, fixo imposible que se desenvolvesen dúas representacións de La gran A...ventura prevista para o 2 de febreiro

O espectáculo de EME2, O príncipe e o parrulo, substituirá á función La grande A...ventura de Marcel Gross no programa de Domingos do Principal debido a unha incompatibilidade na axenda fai imposible a dobre representación que o actor clown de Manresa tiña previsto realizar durante o día 2 de febreiro.

O príncipe e o parrulo, o espectáculo que o substitúe, está composto por monicreques e música en vivo, e tamén se desenvolverá cunha representación concertada o luns 3 con centros escolares. Nesta obra cóntase unha pequena historia que se sitúa entre un castelo, unha árbore e unha casa. Dous personaxes descobren nunha singular aventura que na vida non hai nada tan grande como un amigo.

As entradas para todos os espectáculos de Domingos do Principal poden adquirirse cun custo de 16 euros ou de forma individual en cada función por un prezo de 4 euros, a través de servinova de xeito anticipado ou dúas horas antes de cada espectáculo no despacho do Teatro Principal.