A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, ademais dunha cita grastronómica de referencia, ofrecerá un gran concerto na súa próxima edición.
Farao cunha formación icónica na música española, o coñecido dúo de pop electrónico OBK, agora liderado en solitario por Jordi Sánchez.
A súa será a actuación principal do concerto previsto para o sábado 8 de marzo, no marco da Festa do Lacón con Grelos, nunha carpa que se instalará xunto ao pavillón de deportes.
OBK repasará en Cuntis a súa longa traxectoria, prometendo segundo a organización "un espectáculo cheo de enerxía e nostalxia" no que a recado non faltarán temas como "Oculta realidad", "La princesa de mis sueños" ou "De qué me sirve llorar"
Estarán acompañados por unha banda consolidada no indie-rock nacional, como son Igloo.
A formación de Caldas de Reis será a encargada de abrir a noite.
As entradas para o evento terán un prezo único de 10 euros. Poderán adquirirse a través da plataforma woutick.es.
A apertura de portas para este concerto será ás 20.30 horas e a primeira actuación está prevista para as 21.15 horas.