O festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán desde o xoves 7 ata o domingo 10 de setembro, completa o cartel con dúas novas incorporacións: a do grupo mexicano Panteón Rococó, unha banda co 25 anos de historia converténdose na máis influinte no ska latino, e tamén a do dúo catalán La Élite, principal expoñente do synthetik punk, xénero que se basea en combinar o punk cos sintetizadores e caixas de ritmos.
O Revenidas dará a coñecer en vindeiras datas os contidos e os protagonistas das actividades paralelas, entre as que figuran os concertos a bordo, a gala de circo, a ruta comentada e os showcookings.
PANTEÓN ROCOCÓ
Xurdiron en México marcados polo seu berro de «Paz, Baile e Resistencia». Hoxe esa premisa mantense entre os seus sinais de identidad, pero aquel grupo inicial de oito amigos converteuse nunha das bandas máis influintes do ska latino, un estilo no que teñen cabida o rock, o punk, a salsa, o mariachi, o reggae e mesmo a música folclórica mexicana. Estarán na xornada inicial.
LA ÉLITE
Proceden de Lleida e ofrecen o denominado "synthetik punk" para crear punk con sintetizadores e caixas de ritmos ofrecendo contundencia musical. Desde o Revenidas invitan a participar con eles do Pogo 2.0. Actuarán na xornada do 9.
ENTRADAS
A organización indica que, debido ao elevado ritmo de vendas desta edición do Revenidas, están esgotados tanto os abonos como as entradas para o sábado 9., a falta dun mes para a celebración do festival.
Quedan entradas para o xoves a un prezo de 30 euros (máis gastos de xestión) e para o venres, a 35 euros (máis gastos).
Todas as actuacións da xornada do domingo son de balde e con entrada libre.