O Día das Letras Galegas festexouse con música en Ponte Caldelas. A conmemoración desta efeméride, que este ano está dedicada á figura de Francisco Fernández del Riego, centralizouse na Alameda da vila.
Alí, a mestra María do Carme Piñeiro falou da vida e obra de Fernández del Riego.
A continuación, actuaron o grupo de canto tradicional Aires da Castrelada, o grupo de guitarras de Os Coribantes e Samuel Soto.
Para rematar o acto, que estivo presidido polo alcalde, Andrés Díaz, artistas e público entoaron xuntos o himno galego.