PortAmérica desvela todas as claves para organizar a axenda dos seus festivaleiros

Umia
18 de xuño 2025
Actualizado: 06 de xullo

A décimo terceira edición do festival PortAmérica terá lugar os próximos días 4, 5 e 6 de xullo. O último que falta por saber era os horarios dos concertos e a repartición dos chefs por días

PortAmérica 2024 Mónica Patxot

Xa coñecemos todos os detalles da décimo terceira edición do festival PortAmérica, que terá lugar na emblemática Azucreira de Portas os próximos días 4, 5 e 6 de xullo. O último que falta por saber era os horarios dos concertos e a repartición dos chefs por días.

Iso si, a organización do festival aproveitou este anuncio para desvelar unha sorpresa máis, unha última confirmación para a súa oferta musical.

A todos os artistas previstos para esta edición, encabezados por Emilia, Melendi, Love of Lesbian, Mikel Izal, Viva Suecia, Ca7riel & Paco Amoroso ou Iván Ferreiro, sumouse agora a Orquestra Son das Flores, unha banda infantil procedente de Vigo.

O xoves 4 de xullo actuarán:

  • 17:30 horas. Javier Lekker
  • 18:15 horas. Taïn
  • 19:00 horas. No te va gustar
  • 19:30 horas. Combai Danza – Igualarte
  • 20:15 horas. Siloé
  • 21:30 horas: Mikel Izal.
  • 22:00 horas. La Duendeneta + DJs
  • 22:45 horas. Los Tigres del Norte
  • 00:00 horas. Ca7riel & Paco Amoroso
  • 01:00 horas. La La Love You
  • 02:00 horas. Veintiuno
  • 03:00 horas. Recycled J

Con respecto ao ShowRocking, nesta primeira xornada de PortAmérica 2025 cociñarán Andrea Lago & Alberto López, Lara Roguez, Martín Vázquez, Paco Pérez, Alba Aguiar & Alex Falcón, David García, Vasco Coelho Santos, Antonio Arrabal, Gonzalo Pose, Iago Pazos e Jordi Roca (pastelaría).

O venres 5, pola súa banda, haberá os concertos de:

  • 17:30 horas. Martina Dirosso
  • 18:00 horas. Inazio
  • 18:30 horas. Orquesta Son das Flores
  • 18:45 horas. Merino
  • 20:00 horas. Marisa Valle Roso
  • 21:00 horas. Iván Ferreiro
  • 22:00 horas. Emilia
  • 22:00 horas. La Duendeneta + DJs
  • 23:15 horas. Love of Lesbian
  • 00:45 horas. Molotov
  • 02:00 horas. Alcalá Norte
  • 03:00 horas. Barry B

Albert Adriá, Iván Cadena, María Teresa Vélez, Vicky Sevilla, Alberto Molinero, Iván Cerdeño, Alberto Lareo, José Carlos García, María Adelaida, Janaina Torres e Irene Amat (pastelaría) estarán nos fogóns do ShowRocking.

PortAmérica 2025 concluirá o sábado 6 con:

  • 17:30 horas. Diego Lara
  • 18:00 horas. Carla Lourdes
  • 18:30 horas. Grupo de Baile Senior UNED
  • 18:45 horas. Carlos Ares
  • 20:00 horas. Travis Birds
  • 21:10 horas. Duncan Dhu
  • 22:00 horas. La Duendeneta + DJs
  • 22:10 horas. Sidonie
  • 23:10 horas. Melendi
  • 00:40 horas. Viva Suecia
  • 02:10 horas. Galician Army

Á fronte do ShowRocking estarán Nagore Irazuegui & Rodrigo Fonseca, Antonio Arrabal, Sergi Aritzeta, Alén Tarrío, Carito Lorenço, Dani Carnero, Begoña Rodrigo, Catalina Vélez, Fabián Delgado, Álex Marugán e Felipe Tomita (pastelaría).