PortAmérica volve á súa "orixe" con Vetusta Morla e o 'reencontro' de Xoel López con Deluxe

Pontevedra
15 de setembro 2021

Cunha reinvención provocada pola pandemia, o festival PortAmérica regresa este 2021. Será cunha novena edición que, baixo o epígrafe Orixe, prevé achegarse ás súas raíces. Iso si, non será en Caldas, o seu fogar durante os últimos anos, senón en Portas

Concerto de Xoel López na praza de España

Cunha reinvención provocada pola pandemia, o festival PortAmérica regresa este 2021. Será cunha novena edición que, baixo o epígrafe Orixe, prevé achegarse ás súas raíces. Iso si, non será en Caldas, o seu fogar durante os últimos anos, senón en Portas.

A Azucreira de Portas acollerá os días 1 e 2 de outubro este 'reinicio' que, por causas estritamente loxísticas e conxunturais, debe abandonar a carballeira de Caldas.

Para esta edición os seus organizadores, Esmerarte Industrias Creativas, decidiu reunir a gran parte dos artistas cos que traballa e convive desde os seus inicios e homenaxear a proxectos artísticos que maduraron ou se reformularon. 

Así, entre os nomes que estarán neste PortAmérica especial figuran os de Vetusta Morla, Novidades Carminha ou Xoel López, que ofrecerá un dobre concerto en solitario e reunindo á súa antiga banda Deluxe, trece anos despois do seu último concerto.

Le Punk, inactivos desde 2009 e que se reunirán exclusivamente para este festival, Tropical Jesus (alter ego de Carlos Sadness), Jenny & The Mexicats, Ortiga, Eladio y los Seres Queridos, Pablo Lesuit e Furious Monkey House completar o cartel.

Ademais, haberá animación musical a cargo da Duendeneta.

PortAmérica avanza que en próximos días informará sobre o proceso de venda de entradas, as posibilidades de aforos e transportes ou da súa oferta gastronómica.