'¡Que salga Aristófanes!', a proposta coa que Els Joglars reivindica a liberdade de expresión esta semana en Pontevedra

Pontevedra
15 de novembro 2022

A compañía teatral independente regresa esta semana a Pontevedra cunha proposta escénica que rende homenaxe ao comediógrafo grego Aristófanes á vez que reivindica a liberdade de expresión. Escenificarase este mércores 16 na sede Afundación ás 20.30 horas e as entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com

Els Joglars en "¡Que salga Aristófanes!" Afundación

A compañía teatral independente Els Joglars regresa esta semana a Pontevedra cunha proposta escénica que rende homenaxe ao comediógrafo grego Aristófanes á vez que reivindica a liberdade de expresión.

'Que salga Aristófanes!' escenificarase este mércores 16 de novembro na sede Afundación de Pontevedra ás 20.30 horas e as entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

A produción, que forma parte da tempada de teatro de Afundación, pon en escena unha dramaturxia contemporánea. Combinando a música, a danza, a literatura e o visual, pon o foco na infantilización do mundo adulto que conleva vivir nunha ilusión, nun Mundo Disney, onde a arte debe ser correcta, fácil e que non faga dano. 

Sobre a idea de que a arte debe ser allea á moral, esta compañía que este ano cumpre 60 anos propón un espectáculo onde os Aristófanes, os Chaplins ou os Molières encarnan a risa do disidente ante unha sociedade asada na relixión dos sentimentos. 

Desde o humor e a sátira mostran a perversidade 'buenista' que sinala, delata e lincha aos discrepantes nas novas fogueiras de Twitter, Facebook e demais redes

Els Joglars, a compañía de teatro privada en activo máis antiga de Europa, conta a historia dun catedrático de clásicas destituído da universidade e internado nun Centro de Reeducación Psicocultural debido ás secuelas mentais producidas polo cesamento. O seu coñecemento e admiración polo mundo clásico, faille asumir por momentos o personaxe de Aristófanes. 

Entre a realidade e a ficción, imaxina ao dramaturgo grego como modelo de liberdade fronte a unha sociedade cada vez máis repleta de tabús intocables.