Queres coñecer a segunda persoa que presentará os Feroz? Aínda podes retirar entradas para sabelo este luns

Pontevedra
14 de setembro 2025
Actualizado: 27 de novembro

No Teatro Principal desvélase este luns 15 de setembro, ás 18.00 horas, ao segundo condutor da gala, que acompañará a Samantha Hudson. Poden retirarse entradas na caseta de turismo de Montero Ríos

Banco promocional dos Premios Feroz en Pontevedra Concello de Pontevedra

Este luns 15 de setembro, ás 18,00 horas, resolverase o misterio. Vaise coñecer a segunda persoa que presentará a gala dos premios Feroz 2026 en Pontevedra. 

Será no Teatro Principal, nun acto para o que ainda se poden retirar entradas. Para poder acceder, poden recollerse as invitacións na caseta de turismo de Montero Ríos.

Ata o momento, xa entregaron arredor de 220 convites a persoas interesadas.

As persoas asistentes poderán participar nunha charla-coloquio coa persoa escollida, un dos segredos mellor gardados da presente edición, pois só se coñece a primeira presentadora, Samantha Hudson.

Con esta presentación arranca a programación previa dos Premios Feroz 2026 que chega á cidade "con moita ilusión", en palabras da concelleira de Promoción da cidade, Anabel Gulías.

A concelleira pretende que os protagonistas dos premios Feroz volvan a ser os pontevedreses e pontevedresas que en 2024 acompañaron a toda a programación durante catro meses de proxeccións, debates, mesas redondas, clases maxistrais...

Anabel Gulías lembra que quen desexe seguir gozando do mellor cinema e das series de TV máis actuais, ainda pode retirar a súa entrada de balde na caseta de turismo de Montero Ríos.

Arquivado en