A Deputación de Pontevedra pon en marcha entre xullo a setembro Son Verán, un ciclo de 13 concertos en enclaves e espazos patrimoniais e paisaxísticos dos concellos da provincia.
Trátase de espectáculos de alta calidade artística que pretenden sumarse á oferta cultural e musical da provincia con estilos e propostas alternativas ás programadas polos concellos.
Dende ópera, musical, música tradicional e celta e músicas do mundo e da man de artistas da talla de Gabriel Fandi, ÓperaConcert, Queiman Folk, Laroá, Carlos Núñez, The Crass e Roi Casal.
"Querida Montserrat, querido Luciano", de ÓperaConcert poderá desfrutarse en Vilanova de Arousa (23 de agosto, xardín Umbrío, 21:00 horas) e Caldas de Reis (24 de agosto, Carballeira).
Pola súa banda terá lugar un concerto de The Crass o 22 de agosto, ás 21:30 horas, na praza da Chan de Carballedo, en Cerdedo Cotobade.
E rematarán os concertos de Son Verán do mes de agosto con Laroá, o día 30, ás 20:00 horas, na praza do Concello de Ribadumia.
Ademais, terá lugar un concerto de Carlos Núñez, en setembro no auditorio municipal de Marín.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.