O festival pontevedrés Surfing the Lérez aspira a conseguir un dos Premios Martín Códax da Música, galardón que xa obtuvo no 2017.
É un dos tres finalistas na categoría de festivais, xunto co Festival Arteficial de Ribadavia e o Festival Alternativo Millo Verde de Redondela.
Así se revelou durante a festa de finalistas que se celebrou este mércores na terraza das Bodegas Martín Códax, a previa da gala de entrega que será o 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Un xurado profesional formado por cinco especialistas vinculados á música elixiu os 57 proxectos que optarán aos premios nas diferentes categorías musicais.
Foron a pianista e investigadora artística María Domínguez, a artista Blanca Pereira, coñecida como Rumia, o guitarrista da banda Brutal, Isidro Otero, o xornalista Luis Pardo e a xestora cultural Marta Horjales.
Os finalistas son:
- METAL E HEAVY: Urko, Keepers e Talesien
- CANCION DE AUTOR/A: Antía Muíño, Sangre de Muérdago e Zeltia Irevire
- BLUES, FUNK E SOUL: Sabela Cereijo, Allo Negro e Guilherme Zapata
- ELECTRÓNICA: Galician Army, Kike Varela e Løch
- ROCK E PUNK: Loita Amada, Broken Peach e Stoned at Pompeii
- MÚSICAS URBANAS: Hugo Guezeta, Habló Pablo e Lumedollop
- ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA: Lamatumbá, Orquestra Bravú Xangai e La Fórmula
- MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA: Alejo Amoedo, Ensemble Alletamento e María Mendoza
- JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS: Xan Campos "Amorodios", María Toro e Manuel Cebrián-punctum
- POP E INDIE: Nadadora, Montedapena e Michu da Rocha
- MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE: Lidia India, Marta Vidal e Abril Fado Atlántico
- MÚSICA INFANTIL: Paco Nogueiras, Ollo Piollo e Golfiños
- MÚSICA FOLK: Abril, Alana e Guezos
- MÚSICA TRADICIONAL: Unto Vello, Donicelas e Carapaus
- BANDAS DE MÚSICA POPULAR: Banda de Música Municipal de Celanova, Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros e Banda de Música Xuvenil de Torroso
- ARTISTA EMERXENTE: Raze, Lula Mora e Apolo18
- COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL: Galicia en Concierto, A Canle de Rodri Míguez e Fogar dos Festivais
- FESTIVAIS: Festival Arteficial, Surfing the Lérez e Festival Alternativo Millo Verde
- SALAS: Sala Capitol, La Fábrica de Chocolate e Krazzy Kray!
A partir de agora, o público e os socios e socias de Músicas ao Vivo, serán quen escollan seus proxectos favoritos e poderá votalos a través da páxina web ata o 24 de maio.
O voto do público, xunto ao das persoas asociadas a Músicas ao Vivo, contará cunnha ponderación do 50% trala selección do xurado.
O premio honorífico Músicas ao Vivo, destinado a distinguir unha traxectoria de especial relevancia para a música galega, desvelarase nas seguintes semanas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.