The Lákazans, Ses, La Pegatina e Skándalo GZ reúnen 10.000 persoas en Combarro

Poio
25 de agosto 2018

A asociación ACMeM Armadiña, organizadora do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia, fixo un balance moi positivo desta primeira xornada grande, na que houbo un cheo total. De feito, o espazo habilitado para a acampada colgou o cartel de completo

Concertos da primeira xornada do Armadiña Rock 2018 Diego Torrado

Os concertos de The Lákazans, Ses, La Pegatina e Skándalo GZ reuniron na noite deste venres unhas 10.000 persoas en Combarro na primeira xornada grande do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia.

A asociación ACMeM Armadiña, organizadora do evento, fixo un balance moi positivo desta primeira xornada grande, na que houbo un cheo total en Combarro. De feito, o espazo habilitado para a acampada colgou o cartel de completo

Aínda que a música, a festa e a diversión xa comenzaron pola tarde, o prato forte da xornada foi pola noite, cos concertos na praza da Chousa, que abriron os galegos The Lákazans, que conseguiron que o público empezara a mover o corpo co súa elegancia e swing. 

A seguinte quenda foi para Mara Xosé Silvar, Ses, que aproveitou un espectáculo rockeiro de luxo para lanzar mensaxes en pro da identidade e da lingua galegas e tamén da igualdade. Ao respecto, cabe lembrar que este ano o Armadiña Rock conta por primeira vez cun Punto Lila formado por un equipo multidisciplinar coordinado por axentes e promotoras de Igualdade.

En canto ao concerto de Sés, o colofón chegou co tema  'Tempestades de sal', co que se despediu do público da Chousa, no que logrou unha grande complicidade, con todo o recinto cantando con forza mentres ela e a súa banda permanecían calados.

O concerto de La Pegatina tomou o relevo e fíxoo cun baño de confetti e serpentinas para poñer ao público en situación. O público expresou moita emoción co inicio de varios temas da banda catalá, como 'Maricarmen', 'Lloverá y yo veré' ou coa canción en galego 'Morriña', banda sonora do spot desta décima edición do festival.

Esta primeira xornada rematou con Skándalo GZ, pero aínda queda moito Armadiña por diante. Este sábado será outra xornada grande para os festivaleiros, que poderán achegarse de novo á praza da Chousa a partir das 20.30 horas para escoitar as actuaciósn de A Banda da Loba, O Sonoro Maxín, Amparanoia, Banda Xangai, Terbutalina e Zënzar

A festa estará asegurada xa durante o día cos concertos de Noite Fechada e Almánimal polo casco histórico e cunha ampla programación con pasarrúas e actividades para público familiar. Todos os horarios da segunda xornada deste festival poden consultarse nesta ligazón.