Un curso con Leo Bassi en Vilagarcía de Arousa para axudarnos a descubrir "o pallaso que levamos dentro"

O Salnés
23 de xullo 2023

Aproveitando a súa presenza en Galicia, Bassi será un dos nomes que encabezará o cartel do Festaclown de Vilagarcía deste ano co seu curso 'Na procura da identidade cómica' os días 12 e 13 de agosto dende as 10:00 ata as 14:00 horas

Leo Bassi representa en Pontevedra o espectáculo "Yo Mussolini" Mónica Patxot

O Festaclown de Vilagarcía volve en agosto con Leo Bassi como protagonista no Auditorio Municipal do municipio.

Aproveitando a súa presenza en Galicia, Bassi será un dos nomes que encabezará o cartel deste ano co seu curso 'Na procura da identidade cómica' os días 12 e 13 de agosto dende as 10:00 ata as 14:00 horas. As inscripcións poden realizarse a través do correo info@culturactiva.org.

Leo Bassi é o creador e fundador da famosa Iglesia Patólica do Barrio de Lavapiés e que acompañará a todos os asistentes a descubrir o pallaso que levan dentro.

A provocación é unha ferramenta do compromiso para este italiano que debutou con sete anos en Australia, iniciando aos 23 a súa carreira en solitario, creando os seus propios espectáculos e converténdose, co paso dos anos, nun dos clown máis coñecidos do mundo.

Bassi desenvolve neste curso un sistema que combina a teoría con xogos psicolóxicos orixinais que animan aos participantes a descubrir o bufón que levan dentro. Un dos aspectos máis importantes destas sesións é que todos os participantes son continuamente estimulados a tomar alternativamente un papel activo e de observador crítico.

Pódese consultar máis información na páxina web www.festaclown.org.