VÍDEO.- O Mercado de Abastos e o Parador acollerán concertos do Galegote Rock 2016

Pontevedra
25 de abril 2016

Os concertos, destinados á promoción da língua galega, van realizarse dende o xoves 12 ata o sábado 14 en diversos puntos da cidade. Tamén está prevista a organización de actividades para menores 

Roger de Flor e Arturo actúan na presentación do Galegote Rock /

O sábado 14 de maio será o día grande do Galegote Rock 2016, o evento musical que quere promover e normalizar a música en lingua galega e en vivo. Nesta ocasión, haberá máis actuacións en espazos públicos e en prazas da cidade.

Desta forma, os concertos desenvolveranse polos seguintes grupos e nestes lugares de Pontevedra durante esa xornada:

11.00 a 15.00 horas: O Xabarín de Bora actuará no Mercado de Abastos

12.00 horas: Tanto nos ten - Praza da Ferrería

12.30 horas: O cadelo lunático - Terraza da Sidrería Montañés

13.00 horas: Davide Salvado - Mercado de Abastos

13.00 horas: Expresión Contacontos "Canta Contos" - Pazo de Mugartegui

14.00 horas: Alley Stompers. Escola de Baile Lindy Hop - Cafetería Savoy

15.00 horas: Tatán Chapeu - Parador

16.00 horas: Mike Grelo e curmán - O Grifón

17.00 horas: Poetarras - O Diaño

18.00 horas: Sokram - Pequeño Karma

18.30 horas: Falabaratas, "Xoana sen medo" - Pazo de Mugarteugui

19.00 horas: Champurrada - Escaleiras do Teatro Principal

20.00 horas: Familia Caamagno - Cruceiro das cinco rúas

Durante toda a xornada van desenvolver xogos tradicionais para menores. O concelleiro Alberte Oubiña e o propietario da Sala Karma, Marcos Rivas, presentaron na praza da Peregrina a edición deste ano sinalando como novidades as actuacións no Mercado de Abastos e no Parador.

A presentación contou coa actuación de Roger de Flor e Arturo Delgado, que interpretaron tres temas ante a presenza dalgúns viandantes.

O xoves 12, Querido Extraño e Roger de Flor, actuarán no Pequeño Karma mentres que o venres 13, Santos Morcegos e Camarada Nimoy ofrecerán un concerto na Sala Karma. Ambos os recitais terán acceso libre. Serán o anticipo á ampla xornada musical do sábado.