Vortex, Skirl, Jhonander, Malkeda e Thee Blind Crows, principais nomeados aos premios PontevedraFerve

Pontevedra
03 de novembro 2014

Xa coñecemos os nomeados aos premios Pontevedra Ferve 2014, convocados pola asociación de músicos de Pontevedraa> para dar visibilidade aos grupos emerxentes da cidade e recoñecer os mellores traballos musicais do ano

Skirl, actuando na presentación da II edición de 15 Bolos PontevedraViva

Xa coñecemos os nomeados aos premios Pontevedra Ferve 2014, convocados pola asociación de músicos de Pontevedra para dar visibilidade aos grupos emerxentes da cidade e recoñecer os mellores traballos musicais do ano. E entre os elixidos polos membros deste colectivo, destacan os nomes de Vortex (cinco candidaturas), Skirl e Jhonander (catro candidaturas) e Malkeda e Thee Blind Crows (tres candidaturas).

A lista de nomeados é a seguinte:

MELLOR SINGLE

  • Skirl - Hangover 
  • Jhonander - Antes de nacer 
  • Vortex - One last breath 
  • Malkeda - Nadie queda atrás 

 

MELLOR DISCO OU MAQUETA

  • Tractor Troy - Perro mandril 
  • Vortex - Confessions 
  • Skirl - Skirl 
  • Thee Blind Crows - Primitive loud blues 

 

MELLOR DESEÿO 

  • ¡Qué Desilusión - Remedios contra la mala suerte 
  • Vortex - Confessions 
  • Thee Blind Crows - Primitive loud blues 
  • Jhonander - Sinecdoque 

 

MELLOR VIDEOCLIP

  • Thee Blind Crows - Leaving alone 
  • Skirl - Worthless 
  • Jhonander - Antes de nacer 
  • Calle del Ruido - Dime 

 

MELLOR DIRECTO

  • Vortex 
  • Unicornibot 
  • Champurrada 
  • Malkeda

 

Ademais, entregaranse premios aos mellores grupos ou artistas de cada estilo musical. Nestas seis categorías estes son os nomeados:

MELLOR GRUPO DE RAP

  • De buena tinta 
  • Soulmackein Loko 
  • Delahoja 
  • Conversos 

 

MELLOR SOLISTA

  • Fátima Baña 
  • Rodrigo Valiente 
  • Innopiah 
  • José Solla 

 

MELLOR GRUPO DE JAZZ/FUNK/FUSIÿN

  • Flying Carpet 
  • Virxilio da Silva 
  • The Soul Breakers 
  • French Conection Quartet 

 

MELLOR GRUPO DE POP

  • La casa de los ingleses 
  • Marvel 
  • La 4 Pared 
  • Black Stones 

 

MELLOR GRUPO DE ROCK

  • ¡Qué Desilusión! 
  • Jhonander 
  • Skirl 
  • Champurrada 

 

MELLOR GRUPO DE METAL

  • Vortex 
  • Brutal 
  • Malkeda 
  • In mare

 

Os gañadores recibirán unha figura deseñada pola propia asociación. Haberá ademais un premio honorífico, que se concederá a unha banda ou solista pontevedrés en homenaxe e agradecemento ao seu labor musical.

Os premios entregaranse nunha gala que se celebrará o 3 de xaneiro no Teatro Principal, un evento, que segundo os seus organizadores pretende ser unha festa "que celebre e reflicta o futuro esperanzador" dos grupos locais. De feito, os nomeados en cada unha das categorías actuarán xuntos durante a cerimonia de entrega, como unha forma de "crear lazos" e escapar da "superficialidade" da mera competición.