Wyoming & Los Insolventes, Los Motores e Guadalupe Plata, entre os participantes de Surfing the Lérez 2015

Pontevedra
12 de maio 2015

O festival vai celebrarse o 13 de xuño coa participación de trece agrupacións. Previamente a este evento que se desenvolve na Illa das Esculturas van celebrarse varios concertos e actividades na Sala Karma

Wyoming & Los Insolventes Facebook Wyoming & Los Insolventes

O festival Surfing the Lérez 2015 xa conta con cartel para esta edición que se vai celebrar o 13 de xuño na Illa das Esculturas cun cartel que conta con algunhas das bandas indies máis relevantes do panorama musical actual, ademais da presenza de grupos xa con larga traxectoria como Los Motores ou os pontevedreses Sugar Mountain.

A gran estrela desta edición será o Gran Wyoming ao fronte de Los Insolventes. Durante esta xornada tamén subirán ao escenario Lost Acapulco, Guadalupe Plata, Angel Stanich, The Grave Dolls, Julián Maeso, A banda do Terror, Pasajero, Última experiencia, Charli_É dj??? e Sr Fiuza.

Aínda non se estableceron os horarios de actuación de cada un dos grupos. Na contorna do río Lérez realizaranse tamén obradoiros e xogos populares para os nenos, gastronomía galega, actuacións de Cantos de taberna, mercado de produtos típicos e outras novidades que está  a ser ultimando a organización.

Previamente El pequeño Karma acollerá a actuación de Luis Moro o 4 de xuño e a Sala Karma contará coas actuacións de Gold & Colt o 5 de xuño y de The Trunks o 7 do mesmo mes.