Satisfacción na organización do primeiro Medio Maratón Maralba Running Fest ante a alta participación que se espera para o próximo domingo 28 de setembro.
Tras o peche do período de inscrición foron 628 os atletas que confirmaron a súa presenza na proba, que unirá as localidades do Grove e Cambados.
Chégase a esta cifra a pesar da coincidencia no calendario con outras probas, como A Departamental en Ferrol, a Milla Urbana San Miguel, os 10 quilómetros de Samil, en Vigo, ou o Campionato Galego de 10.000 en Ribeira.
Un día antes da carreira, a atleta olímpica Vanessa Veiga participará nun 'briefing' cos corredores no que dará os últimos consellos antes da proba. Ademais o director técnico do Maralba, Pablo Díaz, explicará os detalles do circuíto aos atletas que se encontren presentes.