A Audiencia estima o recurso das xogadoras do Leis e ordena tramitar a denuncia contra o seu presidente

Pontevedra
22 de abril 2015

O auto emitido pola Audiencia anula o arquivo decretado polo Xulgado de Instrución 2 e insta o xuíz a que cite a declarar ás futbolistas e ao presidente da entidade, José Antonio Nieto

Jacobo Estors, acompañado por xogadoras do Leis, no hotel Galicia Palace
Jacobo Estors, acompañado por xogadoras do Leis, no hotel Galicia Palace / Mónica Patxot

A denuncia presentada por tres xogadoras do Leis contra o seu presidente, José Antonio Nieto, por un suposto delito contra a súa integridade moral foi finalmente admitida a trámite.

Faino ao estimar parcialmente a Audiencia Provincial o recurso de apelación presentado polas futbolistas despois de que o Xulgado de Instrución 2 de Pontevedra rexeitase inicialmente a causa, malia considerar entón o xuíz que se terían podido producir por parte do presidente do Leis actitudes que poderían ser consideradas "machistas", "discriminatorias", "improcedentes" ou propias dunha "profunda falta de educación", pero que non se corresponderían cos delitos que se lle pretendían imputar.

Agora a Audiencia insta ao xulgado de instrución a continuar coa causa e pídelle, a instancias de Fiscalía, que cite a declarar ás denunciantes ao ao querelado.

ÿ un novo episodio dun asunto con varias ramificacións, como a polémica polas baixas federativas das xogadoras, que elas reclaman e que o club pontevedrés asegura ter ofrecido se se entregaba o material do club que teñen no seu poder.

Este extremo foi de novo rebatido polas futbolistas apartadas nun comunicado no que aseguran que "pretenden que para liberarnos do secuestro deportivo ao que nos teñen sometidas dende hai 6 meses haxamos de pagar unha determinada cantidade monetaria e ao mesmo tempo nos vexamos obrigadas a renunciar ao cobramento daquelas outras cantidades que nos veñen adebedando".

Tras esta decisión da Audiencia, o próximo paso será fixar a data para a declaración das partes.