O Marín Futsal non para coas súas novidades, e este mércores confirmou unha nova fichaxe.
Trátase da brasileira Sara Santos, futbolista que procede do Móstoles, no que xogou as dúas últimas campañas, pero que conta con experiencia tamén en clubs como o UCAM e o Ourense Envialia.
"É unha xogadora dinámica, potente, con bo caneo, calidade de pase e con facilidade para ver portería", describen desde o club da Raña.
A carioca é por tanto unha "fichaxe importante para tentar mellorar a eficiencia do xogo de ataque e mellorar os rexistros goleadores do equipo", asegua o Marín Futsal.
Coa súa chegada a entidade marinense confirmou xa a 15 xogadoras para o seu segundo proxecto deportivo na Primeira División, ao unirse ás fichadas Ale de Paz, Lara Balseiro, Bea Mateos, Nuria Rodríguez, Iria Varela e Lucía Paz e as renovadas Cecilia Puga, Marta Gago, Inés Mayán, Café, Silvia Aguete, Pau García, María León e Adriana García.