A catalá Gala Mestres firma polo Arxil

Pontevedra
03 de agosto 2018

A aleiro, de 23 anos, xogou a pasada tempada na liga canadense, pero ten experiencia na Liga Feminina 2. É a segunda fichaxe confirmada polo club pontevedrés

Gala Mestres, nova xogadora do Arxil
Gala Mestres, nova xogadora do Arxil

Segunda fichaxe do Club Baloncesto Arxil, que confirmou a incorporación da catalá Gala Mestres.

Aleiro, de 23 anos de idade, Mestres chega a Pontevedra tras pasar un ano en Canadá, pero trátase dunha xogadora con experiencia na Liga Feminina 2, na que participou na campaña 2016/2017 nas filas do Lima Horta, rival do Arxil esa campaña.

Durante o seu último curso na LF2,  alcanzou de media 11,7 puntos e 4,8 rebotes por partido.

"Os seus números abálanlle,pero sobre todo a súa calidade e a súa entrega", destacou o directivo arxilista Lino Vázquez sobre a fichaxe.

Gala Mestres únese así a un plantel na que xa figuraban Carla Fernández, Arantxa Mallou, María Lago, Cristina Díaz-Pache e Sierra Clark.