A organización do Campionato de España Infantil Feminino de baloncesto, que se celebrará en Marín do 10 ao 17 de xuño, segue dando pasos adiante.
As tres sedes da competición, os pavillóns da Raña, O Sequelo e do Colexio San Narciso, pasaron este mércores a revisión dos técnicos da Federación Española e da Federación Galega de Baloncesto.
Os responsables federativos inspeccionaron as instalacións nas que se xogarán máis de 80 encontros durante toda a semana.
O Club Baloncesto Peixefresco Marín será o organizador técnico do evento, na cuarta vez que o municipio acolla un campionato desta categorías tras as experiencias cos nacionais das categorías cadete e junior.