O Campionato de España de Seleccións Territoriais de Balonmán e o Memorial Domingo Bárcena que se disputarán en Pontevedra entre o 2 e o 7 de xaneiro ten un aliado especial na cidade: a hostalería. Durante os días que duren as competicións, os establecementos ofrecerán descontos do 10% nas consumicións.
O Concello de Pontevedra deu a coñecer este venres a iniciativa, na que se implican un total de 33 locais de hostalería da cidade. As competicións celebraranse tanto na capital como en Vigo, Poio e Porriño.
O Campionato de España de Seleccións Territoriais de Balonmán reunirá na cidade entre os días 2 e 7 de xaneiro a 2.200 deportistas representando ás 17 comunidades autónimas e a Ceuta e Melilla. En total disputaranse durante eses días 291 partidos en 21 pavillóns (Municipal, CGTD, Multiusos, Universitario, Príncipe Felipe e Marcón en Pontevedra, A Raña en Marín e A Seca en Poio) nas categorías infantil, cadete e xuvenil masculina e feminina.
O Torneo Internacional Memorial Domingo Bárcenas celebrarase no Municipal de Pontevedra e o pavillón vigués de As Travesas do 5 ao 7 de xaneiro coa presenza das seleccións nacionais absolutas de España, Polonia, Bielorrusia e Arxentina.