A igrexa do Burgo acollerá este xoves unha misa funeral por Suso Morlán

Pontevedra
21 de novembro 2018

A familia do adestrador pontevedrés, falecido recentemente en Brasil, organizou un funeral na súa memoria que se celebrará ás 19:00 horas do xoves 22 de novembro na Igrexa Santiago Peregrino do Burgo

Suso Morlán en PontevedraViva PontevedraViva

A igrexa de Santiago Peregrino do Burgo, en Pontevedra, acollerá este xoves 22 de novembro unha misa funeral en memoria de Suso Morlán.

O adestrador pontevedrés faleceu o pasado 11 de novembro en Belo Horizonte (Brasil), onde residía e adestraba ao equipo nacional de piragüismo do país, vítima dun tumor cerebral.

A misa, organizada pola súa familia, celebrarase na igrexa do Burgo ás 19:00 horas.

Suso Morlán foi unha figura clave para o deporte pontevedrés, galego e español, xa que baixo as súas ordes David Cal conseguiu cinco medallas olímpicas: Ouro en C-1 1.000 metros en Atenas 2004 e cinco pratas en Atenas (500 metros), Pequín (1.000 e 500 metros) e Londres (1.000 metros).

Ademais a cargo do equipo brasileiro sumou outras tres medallas en Río 2016.