A nadadora Antía García segue batendo récords

Umia
21 de decembro 2021

A nadadora caldense conseguiu o triunfo e bateu a mellor marca galega nas probas de 50 rescate e 100 combinada durante a disputa da segunda xornada da liga galega de salvamento

Antía García encabeza a participación do Acuático Umia na liga gallega de salvamento Club Acuático Umia

Antía García segue nun extraordinario estado de forma. Despois de proclamarse tripla campioa de Europa de salvamento e outras tantas veces campioa de España pulverizando todos os rexistros, a nadadora de Caldas volve situar o seu nome no primeiro posto da lista de marcas de todos os tempos. Esta vez en fíxoo no campionato galego, nas probas de 50 rescate e 100 combinada.

O complexo deportivo que leva o seu nome foi o escenario no que se celebrou a segunda xornada da liga galega sur de salvamento. Organizada polo Club Acuático Umia, os anfitrións estiveron representados por 60 nadadores de categorías infantil, cadete, xuvenil, júnior e sénior que lograron numerosas vitorias, así como marcas mínimas para participar nos campionatos de España.

Pero os mellores resultados protagonizounos o seu mellor nadadora. Antía García bateu o récord autonómico nas modalidades de 50 metros rescate e en 100 metros combinada. En categoría absoluta tamén se fixeron co triunfo Álex Piso e Ainoa Carracedo na proba de 200 metros supersocorrista, o que lles abrirá as portas do nacional. A cadete Lida Aboy tamén conseguiu a vitoria batendo ademais o récord galego na mesma modalidade.

En segunda posición acabou o júnior Dani Andújar, mentres que a sénior Laura Mirás foi terceira. Completaron o cadro de honra do conxunto caldense Saúl Rodríguez cunha cuarta posición e o equipo da substitución absoluta feminino co triunfo na proba de 4x25 arrastre.