A natación galega cítase en Pontemuiños por Nadal

Pontevedra
23 de decembro 2015

Rías do Sur será escenario, entre os días 28 e 30 de decembro, do Campionato Galego Absoluto de Inverno, con máis de 250 nadadores inscritoss de 24 clubs

Campionato Galego de Natación Absoluto e Junior Open
Campionato Galego de Natación Absoluto e Junior Open

O Complexo Deportivo Rías do Sur será escenario, entre os días 28 e 30 de decembro, do Campionato Galego Absoluto de Inverno de natación.

Nesta ocasión a competición celebrarase na piscina de 25 metros e con cronometraxe electrónica.

A cita reunirá a 262 nadadores de 24 clubs de Galicia no que supón a última competición do ano para eles, deixando ademais aberta a posibilidade de que participen nadadores con discapacidade funcional ou visual.

O luns 28 o campionato comezará cunha única sesión de tarde desde as 17:00 horas, mentres o resto de xornadas desenvolveranse en dobre sesión, ás 10:00 e ás 17:00 horas.

O club organizador, o Natación Galaico, convocou a 30 nadadores co obxectivo de alzarse co título na clasificación por equipos.