A pívot colombiana Tatiana Mosquera ficha polo Arxil

Pontevedra
02 de xullo 2017

A xogadora, de 1,96 metros de estatura, chega a Pontevedra procedente do Alcobendas madrileño do Grupo B da Liga Feminina 2

Tatiana Mosquera, na súa presentación co Alcobendas Pacisa Alcobendas

O Club Baloncesto Arxil xa ten o reforzo que buscaba para a pintura, coa intención de cubrir o importante oco deixado pola malí Minata Keita.

Trátase da pívot colombiana Tatiana Mosquera, que a pasada campaña militou no Alcobendas do Grupo B da Liga Feminina 2 e que o club verde espera convértase nun dos seus referentes a próxima tempada,

No club madrileño disputou 13 partidos de liga regular con 7,2 puntos e 4,6 rebotes de media en 16 minutos.

"É unha xogadora fisicamente importante, con gran capacidade de rebote e nivel defensivo, ao que hai que sumarlle que ten capacidade ofensiva", explicaron desde o club pontevedrés sobre a súa nova xogadora.