A reestruturación do Poio Pescamar empeza polas saídas: Antía Pérez, Mirian e Clara

Poio
08 de xuño 2021

Estas tres futbolistas únense a Silvia Aguete nas baixas confirmadas no equipo conserveiro para a próxima tempada. O club avanza que nos próximos días confirmará renovacións e novas incorporacións

Clara, no partido entre o Poio Pescamar e Móstoles na Seca
Clara, no partido entre o Poio Pescamar e Móstoles na Seca / Cristina Saiz

O novo proxecto do Poio Pescamar empeza a tomar forma, aínda que antes de anunciar novos nomes o club comezou por despedirse das xogadores que non van continuar defendendo a súa camiseta.

Primeiro foi Silvia Aguete, toda unha institución no cadro conserveiro, e agora tocoulle a quenda a tres futbolistas máis.

Trátase de Antía Pérez, Mirian Ruiz e Clara Rodríguez.

Antía deixa o Poio Pescamar despois de tres tempadas marcadas polas dúas importantes lesións de xeonllo que non lle permitiron mostrar todo o seu potencial. Tamén Clara pasou pola mesma grave lesión, pero esta campaña tras superala converteuse nunha peza importante nos plans de Manu Cossío.

Pola súa banda Mirian pon fin á súa etapa na Seca despois de dúas campañas marcadas pola pandemia.

Tras estas saídas a entidade vermella avanza que anunciará renovacións e novas incorporacións "nos próximos días".