A Selección Española de Ximnasia preparará en Pontevedra o Europeo de dobre mini-tramp

Pontevedra
12 de decembro 2023

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá unha concentración do equipo nacional do 19 ao 21 de decembro na que participará a local Melania Rodríguez, flamante campioa do Mundo da especialidade

Melania Rodríguez, no Campionato de Europa de Ximnasia Trampolín en Rimini
Melania Rodríguez, no Campionato de Europa de Ximnasia Trampolín en Rimini / Real Federación Española de Gimnasia

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acollerá este mes de decembro unha concentración do equipo nacional de ximnasia.

En concetro trátase dunhas xornadas de adestramento da Selección Española de dobre mini-tramp, que se desenvolverán entre o 19 e o 21 de decembro e nas que o obxectivo será preparar o Campionato de Europa do próximo ano.

Entre a lista de ximnastas convocados non falta a flamante campioa mundial da especialidade, Melania Rodríguez, do Club Ximnasia Pontevedra.

Ademais tamén representará ao club local Alejandra Braña, xunto ao seleccionador Pablo Hinojar. 

A lista de ximnastas convocados complétana: Diana Sanz (C.A. Valladolid), Loreto Tuñón (C.A. Valladolid) Marta López (Club Buelta ta Saltoka Gimnasia Kluba), Nuño Villafañe (C.A. Valladolid), Carlos del Ser (C.A. Valladolid), Gabriel Arias (C.A. Valladolid), Miguel Córdoba (C.A. Valladolid) e Luis Sánchez (Club Aerotramp).