Apoio municipal a Melania Rodríguez antes das citas clave para estar en París 2024

Pontevedra
02 de xaneiro 2024

"A verdade é que me vexo moi ben, estou a adestrar moi ben e despois do Mundial que conseguín facer atópome moi motivada para afrontalo", afirma a ximnasta do Club Ximnasia Pontevedra antes de afrontar as dúas últimas citas clasificatorias para os Xogos Olímpicos

Recepción municipal a Melania Rodríguez
Recepción municipal a Melania Rodríguez / Concello de Pontevedra

Melania Rodríguez quedou en novembro a pouco máis de dúas décimas de lograr a clasificación directa para os Xogos Olímpicos de París. É a distancia que lle separou da final de trampolín no último Mundial, cita na que logrou un brillante ouro na especialidade de dobre mini-tramp, non olímpica.

"Agora mesmo veñen as dúas copas do Mundo que son clasificatorias e que son as últimas oportunidades para conseguir a praza olímpica", explicou a deportista do Club Ximnasia Pontevedra tras ser recibida polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anabel Guías.

A recepción prodúcese con motivo do seu ouro mundialista de dobre mini-tramp conseguido na localidade inglesa de Birmingham.

En canto ao que lle espera, a finais de febreiro e marzo respectivamente, Melania móstrase optimisma asegurando que "a verdade é que me vexo moi ben, estou a adestrar moi ben e despois do Mundial que conseguín facer atópome moi motivada para afrontalo".

Para iso prepárase a diario desde a Boa Vila, xa que a súa base de adestramento é o Centro Galego de Tecnificación Deportiva.