A Sociedad Gimnástica estará por cuarto ano consecutivo na Copa do Rei de atletismo

Pontevedra
03 de xaneiro 2015

San Sebastián reunirá o próximo 31 de xaneiro á elite nacional do atletismo para a disputa da Copa do Rei e da Copa da Raíña de pista cuberta, competición por clubs na que se xuntan os oito mellores equipos de España en cada unha das dúas categorías

Jorge Puig, atleta da Gimnástica, nunha proba recente Sociedad Gimnástica de Pontevedra

San Sebastián reunirá o próximo 31 de xaneiro á elite nacional do atletismo para a disputa da Copa do Rei e da Copa da Raíña de pista cuberta, competición por clubs na que se xuntan os oito mellores equipos de España en cada unha das dúas categorías.

Por cuarto ano consecutivo, a Sociedad Gimnástica logrou clasificar o seu equipo masculino para esta primeira gran cita deportiva do ano.

Os catro primeiros clasificados da División de Honra 2014 obtiveron automaticamente a súa clasificación, mentres que os catro restantes tiveron que esperar o estadillo de marcas para dilucidar os que estaban na copa.

Os 11.864 puntos do equipo pontevedrés déronlle o pase a esta competición, xa que segundo certificou a Federación Española de Atletismo, a Gimnástica se situou no sétimo posto.

Dende o conxunto pontevedrés lamentan, non obstante, que o mesmo día se vaia celebrar o campionato galego absoluto de pista cuberta, o que obrigará os atletas da Gimnástica, entre os que se encontran Alfonso Pérez, Darío Costas, Santi Ferrer ou Víctor Gallego, a elixir en cal das dúas competicións prefiren estar.