Lévao demostrando desde o ano 2013 e fíxoo unha vez máis. A Sociedad Deportiva Teucro ensinou a súa cara máis comprometida participando en Vigo nun torneo pola inclusión.
Equipos infantil e cadete tomaron parte nun torneo de Nadal no que tamén estaban o Seis do Nadal e Academia Octavio.
Completaban o cartel os equipos formados polas asociacións Down Vigo e Xuntos Down Pontevedra.
O Teucro colabora con Xuntos desde o ano 2013, cando asinou un convenio coa asociación para promover a inclusión social polo cal usuarios da asociación empezaron a participar nos labores organizativos do club.
Ademais este ano deuse un paso máis ao incorporar ao persoal do club a Miguel Pérez, un dos usuarios de Xuntos que durante toda a tempada esta realizando as súas prácticas laborais como masaxista co equipo de Liga Asobal.