O Club Baloncesto Arxil empeza a desvelar os seus plans para a nova tempada, na que volverá competir na Liga Feminina 2.
A entidade pontevedresa confirmou este venres a súa segunda renovación, a de Nena Trajchevska.
A alero macedonia, internacional polo seu país, afrontará desta forma a súa segunda campaña en Pontevedra, tras un primeiro ano no que rendeu como unha das xogadoras con maior peso na rotación do equipo, alcanzando de media 10,4 puntos por partido.
"Estamos convencidos que vai ser unha xogadora referente", aseguran desde o Arxil destacando a súa capacidade de sacrificio e a súa calidade individual.
Trajchevska é a segunda peza confirmada no Arxil uníndose á tamén renovada Cristina Díaz-Pache.