Abián Rodríguez seguirá defendendo a camiseta do Cisne

Pontevedra
08 de xuño 2025

O gardameta canario, que cumprirá a súa quinta tempada no club, únese aos tamén renovados Franzini e Iván Calvo, e aos recentemente chegados João Ferreira e Guilherme Linhares

Primeiro adestramento do Cisne da tempada 24-25 Cristina Saiz

O Club Cisne Balonmán xa ten blindada a súa portaría de face á tempada 2025-2026.

Si hai uns días confirmaba a renovación do gardameta Franzini, este fin de semana foi a quenda do tamén porteiro Abián Rodríguez.

O gardameta canario cumprirá a súa quinta campaña defendendo a camiseta cisneísta e achegando "xuventude, carácter e reflexos para seguir medrando connosco", sinalou o club tras facer oficial a súa continuidade.

Esta é a quinta peza confirmada para competir en División Honra Prata, e a terceira renovación no que respecta a xogadores.

Quiños tamén continuará como adestrador.

Desta forma, Abián súmase a Franzini e Iván Calvo e ás fichaxes do portugués João Ferreira e o brasileiro Guilherme Linhares.